Esta lendaria tipografía sen serifa foi deseñada por Edward Johnston en 1916 para o sistema de sinalización da London Underground Railways (compañía de metro de Londres) baixo o encargo de Frank Pick. Caracterízase pola combinación dunha gran técnica caligráfica e unha nova sensibilidade tipográfica que rompeu cos precedentes sen remate victorianos. Aplicou rigorosamente o clasicismo formal ás letras anticipándose en varios anos á simplicidade xeométrica dos anos 20. Hoxe en día séguese empregando con éxito no metro de Londres e a súa identidade visual pasou a formar parte da historia do deseño. Aínda que nunca fora publicada de forma aberta ata que a fundición P22 a dixitalizou en 1997, foi quizais a tipografía máis importante do século XX, cunha evidente influencia sobre outros tipos como a Futura ou a Gill Sans e en grandes tipógrafos como Jan Tschichold.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)