O movemento dadaísta, inicialmente literario e antibélico, ao aparecer en Zúrich a mediados da I Guerra Mundial, tamén tivo un gran interés dende o punto de vista tipográfico. Nas poesías de Hugo Ball combinábanse diferentes tipos de letra de maneira aleatoria e desatinada, parodiando a forma poética. Outros artistas como Kurt Schwitters ou Raoul Haussmann tamén exploraron a expresividade tipográfica derivada de experimentos futuristas. Esta tipografía deseñada por Richard Kegler durante os anos 1995-1998 está inspirada na tipografía e poesía dadaísta da época. Ademais foi incluída no CD “Futurismo: Soundtrack to a font”, onde a fundición P22 xunto con P22 Records presentou a primeira “banda sonora a unha fonte”. Colaboraron Tony Conrad, membros de Mercury Rev e outros, creando un homenaxe aos músicos dadaístas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)