Realizada polo famoso deseñador gráfico británico Neville Brody, foi creada orixinalmente para a cabeceira da revista Arena en 1986 e publicada por Linotype en 1989. As súas formas xeométricas denotan unha certa influencia da Nova Tipografía da Bauhaus dos anos 30. Trátase dunha letra facilmente recoñecible grazas á alternancia de formas redondeadas con outras rectas e agudas, posuíndo uns remates cruzados no “E”, “B”, “P”, “R”, “H” ou “K” e unha serifa horizontal na parte superior do “A”. A súa aparencia suxire tecnoloxía e progreso cun certo aire retro. Posúe unha versión alternativa con modificacións dalgunhas letras como a “E”, “F”, “J”, “P”, “R”, etc. Moi útil para aplicacións de exhibición como titulares e publicidade.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)