Tipografía creada polo deseñador estadounidense Jim Parkinson en 1996 e publicada pola fundición FontFont. Para este deseño, Parkinson inspirouse nos letreiros dos edificios da súa cidade natal: Oakland, en California. Este estilo cadrado sen serifa era moi usado na metade do século XX e aínda hoxe se poden apreciar mostras similares nalgúns deses edificios. Ao estar destinada unicamente para titulares e rótulos, carece de minúsculas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)