Etiquetas: Xornais, Titulares

Creada en 1990 polo deseñador norteamericano Greg Thompson, esta tipografía está inspirada na etapa tardía do Art Decó. Esto proporciónalle unha aparencia fresca e ao mesmo tempo conserva un toque nostálxico. Ademais, cada peso posúe tres variantes; unha con formas xeométricas e angulares, outra onde as formas son máis redondeadas e que Thompson chamou Oldstyle e outra versión coas letras maiúsculas ampliando dese modo as posibilidades tipográficas. Trátase dunha tipografía moi apropiada para títulos e textos curtos, que funciona ben en publicacións como periódicos e revistas. Ademais, tamén existe unha versión con serifas chamada Bodega Serif.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)