Este abecedario foi creado polo equipo de deseño da fundición Monotype. Trátase dunha tipografía compacta, con proporcións cadradas e algúns bordes redondeados. Os seus trazos son bastante grosos e os ascendentes e descendentes moi curtos. É ideal para empregar en titulares, publicidade e carteis grazas á súa aparencia potente que proporciona un gran impacto.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)