Creada en 1982 pola fundición Bitstream, trátase dunha versión da Helvética de Max Miedinger, unha das tipografías máis famosas e empregadas do mundo. Posúe un gran número de variantes entre as que se atopan versións condensadas, estendidas, redondeadas e contornadas. Trátase dunha tipografía moi versátil, que se adapta perfectamente a calquera uso, igual que a Helvética.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)