Tipografía xeométrica deseñada por Rudy VanderLans e Zuzana Licko en 1988 e publicada pola fundición Emigre. O seu deseño está baseado nunha liña central cun grosor uniforme ó longo de toda a letra. A familia consta de 3 variantes: Light, Regular e Bold, e as tres derivan da mesma liña base variando o seu grosor. Esto fai que entre cada unha delas haxa variacións nas aliñacións dos trazos e incluso a altura do “x” formando parte do deseño e facendo innecesaria a modificación da liña central cando esta cambia de grosor. Apropiada para empregar en titulares, carteis ou calquera outro proxecto de exhibición.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)