Esta foi a primeira tipografía lanzada pola Cooperativa de Fundición Tipográfica (CFT) en outubro de 2003. A CFT pertence ao Sindicato de la Imagen, unha asociación chilena nacida para calmar a falta de deseñadores con conciencia social e teñen como meta o traballo en organizacións non gobernamentais, empresas non lucrativas ou artistas independentes. Masapunk é un colectivo anarcopunk que en certo momento precisaba un redeseño. Esta tipografía foi creada partindo de letras transferibles Letraset aplicadas sobre cartón. Estas estaban gardadas nunha caixa dende fai moito tempo por Jko que descoñece a que tipo pertencen, aínda que dubida da Univers 67. As maiúsculas e minúsculas pertencían a sets distintos e os outros signos foron reconstruídos. Está pensada para imprimir a tamaños grandes e a baixa resolución onde os erros e irregularidades forman parte do deseño, unha das características máis notables do estilo punk. Inclúe os caracteres necesarios para o seu uso internacional e algúns glifos especiais. Descartáronse varios caracteres innecesarios como certos signos matemáticos. Outros trocos salientables son a substitución do símbolo do copyright polo “A” anarquista ou a incorporación de tres arrobas distintas: a convencional e as de uso como igualitario dos xéneros masculino e feminino en maiúscula e minúscula.

Ligazóns

  • Sindicato de la imagen
    www.sindicatodelaimagen.org
    Colectivo de obreiros e obreiras do deseño pretendendo ser impulsores dunha maneira de traballar e de vivir. Onde non teña cabida o egoísmo nin o interés persoal monetario. A sua arma é pacífica, efectiva e poderosa; a comunicación por medio das imáxes. (es)

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)