Tipografía creada polo deseñador arxentino Eduardo Manso para a fundición Bitstream en 1997. A súa forma compacta e os seus trazos grosos unido a un tratamento erosivo outórgalle unha forte expresividade. Esta técnica de deseño tipográfico dexenerativo consistente en gastar as letras foi experimentada a principios da década de 1990 polos deseñadores de Letterror. Trátase dunha tipografía moi apropiada para o seu uso en carteis e publicidade cunha aparencia sucia.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)