Deseñada por Alberto Corazón en 2000 para o concello de Bilbao, supón un intento de normalización da chamada “letra vasca”, sintetizando nun só tipo de letra todas as formas características deste estilo. A intención deste proxecto, impulsado polo concello e por BILBAO Ría 2000 era empregala no sistema de sinalización urbana da cidade, dotándoa dun sistema eficaz e claro e, ao mesmo tempo, lograr un elemento de identidade urbana. Na busca da orixe e esencia da letra vasca, Alberto Corazón mergullouse nos arquivos, especialmente no etnográfico de Bayona, co obxectivo de analizar os tipos de letra empregados dende o século XII. Comezouse a empregar nalgunhas estelas funerarias gravadas en pedra ou na madeira, en mobles populares. Ao principio foi coñecida como “escritura románica” por ser unha interpretación un tanto libre que os ebanistas fixeron do tipo de escritura empregado nas igrexas románicas, e foi evolucionando fixándose os trazos máis característicos deste estilo. Ao tratarse dunha escritura utilizada para inscricións, tan só posúe os caracteres maiúsculos. A letra vasca comezou a empregarse de forma extensa e xeneralizada na rotulación comercial a mediados do século XX e por eso a resposta do concello, creando esta tipografía sobria e elegante que asume a longa tradición popular do País Vasco ofrecéndoa ademais de modo gratuíto e desinteresado.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)