As letras DIN fan referencia ao Deutsches Institut für Normung (Instituto alemán de estándares industriais). En 1936 foi declarada polo Comité alemán de estándares como a tipografía para as áreas de tecnoloxía, tráfico, administración e negocios. A selección dun pau seco débese á súa lexibilidade e ás formas xeométricas e fáciles de reproducir. A súa intención non era orientala para usos “artísticos” ou publicitarios, de feito, houbo bastantes discrepancias sobre a súa calidade estética. Aínda así, estendeuse rapidamente por toda Alemaña, especialmente na sinalización das estradas. A versión contemporánea desta tipografía foi acollida por deseñadores de todo o mundo e utilizada en todo tipo de aplicacións como libros, carteis, publicidade ou revistas debido á súa aparencia funcional e moderna. Todas as tipografías desta familia posúen o mesmo peso ou grosor nos paus aínda que contan con versións de diferentes anchuras. Tamén posúe variantes alternativas apreciables nos caracteres numéricos “6” e “9”. Os nomes das variantes teñen nomes en alemán: unha DIN MittelSchrift é unha Regular ou Central, mentres que a EngSchrift é a versión Condensed.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)