Tipografía creada polo famoso deseñador gráfico e ilustrador norteamericano Milton Glaser en 1970. Trátase dunha perfecta combinación das proporcións modernistas vixente naquela época co estilo sólido neoiorquino. A súa aparencia evoca as populares tipografías xeométricas como a Futura ou a Avant Garde contando unicamente cos caracteres maiúsculos. Existen varias versións creadas por distintas fundicións aínda que todas posúen o mesmo deseño orixinal. Está pensada para usarse a tamaños grandes como títulos ou tipografía de exhibición, onde aporta un caracter sólido e contundente.