Foi deseñada por Jackson Burke entre os anos 1948 e 1962 para ser empregada en xornais, especialmente para titulares e anuncios clasificados. Os primeiros cortes saíron en 1948 e ata 1960 continuou traballando en novos pesos e estilos mentres que era o director de desenvolvemento tipográfico da Mergenthaler-Linotype nos Estados Unidos. Aínda que a estrutura desta familia non estea tan unificada como noutras tipografías sen serifas populares, esta disonancia dálle un toque natural á súa aparencia. É moi empregada en publicidade e multimedia.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)