Esta orixinal tipografía foi deseñada por Daniel Pelavin para as invitacións da súa propia voda e posteriormente para o aviso no nacemento da súa primeira filla, chamada Anna (de aí o seu nome). Evocadora de épocas anteriores, en realidade é unha interpretación moi persoal e actual do estilo Art Decó creada en 1990 que un ano despois foi publicada pola fundición ITC. As súas formas xeométricas sinxelas e as súas proporcións danlle unha aparencia única.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)