Tipografía composta unicamente por letras maiúsculas e deseñada por Morris Fuller Benton entre os anos 1930 a 1933 para a American Typefounders. Posúe unhas proporcións baseadas no cadrado pero coas esquinas redondeadas. Estas interesantes formas xeométricas, orixinarias do pensamento e estilo da Bauhaus, convértena nunha boa opción para publicidade ou calquera outra utilidade de exhibición.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)