Creada en 1937, foi a primeira tipografía deseñada especificamente para ser empregada en guías telefónicas. Antigamente estas eran impresas usando unha gran variedade de tipografías que dificultaban enormemente a súa lexibilidade. Por iso, a compañía telefónica norteamericana Bell decidiu contratar a Chauncey H. Griffith debido á súa experiencia na lexibilidade de tipografías para xornais. Griffith creou este abecedario compacto que facilita a inclusión dunha gran cantidade de información en pouco espazo. Debido á súa gran altura do “x” e á existencia de tres grosores distintos, conserva a súa enorme lexibilidade en tamaños moi pequenos e impresións de baixa calidade. É unha boa elección para deseños onde se presenten grandes listados como directorios ou catálogos.