Para este deseño, Adrian Frutiger inspirouse nas tipografías sen serifas americanas de principios do século XX, especialmente na Franklin Gothic e na News Gothic, ambas de Morris Fuller Benton. Esta modernización do estilo neogrotesco creado para a fundición Linotype consiste nunha tipografía elegante, monótona e visualmente equilibrada, cunha gran lexibilidade a tamaños moi pequenos grazas á gran altura do “x”. As súas proporcións estreitas economizan moito o espazo e a consistencia do seu deseño estendéndose por todos os pesos e variantes, dando como resultado unha tipografía harmoniosa e funcional. Por iso convértese nunha fantástica opción tanto para textos longos como en aplicacións máis de exhibición.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)