Alfabeto creado polo deseñador, tipógrafo e artista italiano Alessio Leonardi en 1995 para a fundición FontFont. Segundo Leonardi, “fíxena despois de ir ó cine a ver Asasinos Natos (Natural Born Killers, de Oliver Stone, 1994)... adoro os gatos, pero son alérxicos a eles”. A familia Graffio está composta de tres variantes: a Graffio Difensivo, formada a base de raias irregulares creadas con bolígrafo ou rotulador de punta fina; a Graffio Offensivo é unha versión da Difensivo pero enchendo os espazos baleiros que quedan entre as liñas que forman os trazos polo que tamén pode funcionar como unha versión Bold desta; e a Graffio Visivo é unha tipografía de símbolos que comparte o mesmo estilo das anteriores. Esta expresiva tipografía resulta moi apropiada para traballos cunha estética sucia e informal como poden ser carteis ou publicidade.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)