Tipografía creada polo deseñador inglés Neville Brody e publicada pola fundición FontFont en 1991. A Typeface Six, xunto coa Typeface Seven son as versións Light e Bold dun alfabeto que Brody deseñara en 1986 e que estaba formada unicamente por caracteres maiúsculos. Cando FontFont publicou a familia, Neville Brody engadiulle un peso intermedio, a Typeface Six-point-Five. A xeometría e rixidez e grosor dos trazos proporciónalle unha aparencia sólida e forte que resulta moi apropiada para titulares en revistas, carteis e publicidade.