Publicada por FontFont en 1991, esta obra de Neville Brody está baseada nunha tipografía que creou en 1986 para empregar nos seus deseños de revistas e música. Xunto coa Typeface Six e a Six-point-Five, toda a familia Typeface proporciona unha serie de pesos (Light, Medium e Bold) que resultan máis que suficientes nos obxectivos para os que foron creados como titulares, carteis, publicidade ou música. Posúe unha xeometría e rixidez moi marcada que lle proporciona un aspecto moi singular.