Deseñada por Wagner & Schmidt en 1901 para a antiga fundición británica Stephenson Blake, trátase dunha tipografía sen serifas cun marcado contraste entre paus finos e grosos, especialmente nas versións máis pesadas. Posúe unha elegancia tal que non existen moitas tipografías deste tipo que se poidan emparellar con ela. A súa gran altura do “x” permite empregala a tamaños pequenos e grandes.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)