Deseñada por Gerry Powell en 1937 para a American Type Founders, esta tipografía emula os caracteres impresos por medio de plantillas en caixas e caixóns. Os seus bordes redondeados e o gran contraste entre paus finos e grosos proporciónanlle unha aparencia forte e pesada. Posúe unha gran connotación militar debido á década de guerra na que naceron que fixeron que fosen empregadas moi a miúdo na rotulación do equipo militar. Carente de minúsculas, o seu uso abarca todo tipo de deseños onde se queira impactar ao espectador como titulares, carteis ou rotulación. En 1997 Alexei Chekulaev creou unha versión cirílica.