Tipografía gratuíta creada polo deseñador canadense Ray Larabie en 1999. Trátase dunha interpretación persoal da Helvética de Max Miedinger que tanto se empregou dende a década de 1960 ata a actualidade. Partindo da versión Bold, fixo unha versión case idéntica onde foron modificados algúns trazos como a parte inferior do “q”, o “t”, o “G” ou o “Q” que lle proporcionan unha personalidade distinta, máis moderna e cool. Moi apropiada como tipografía de exhibición en titulares, carteis ou publicidade.