Creada en 1977 polo deseñador de Nova York Ed Benguiat para a fundición ITC, trátase dunha tipografía bastante inusual, con grandes influencias do Art Noveau combinada con formas romanas antigas. A gran altura do “x” e os seus trazos curvos e diagonais aportanlle unha personalidade bastante forte e singular cun certo toque decorativo e xoguetón. Moi apropiada para traballos publicitarios ou outros usos de exhibición.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)