Esta tipografía publicada pola fundición FontFont en 1997 forma parte da súa colección “FF Dirty Faces”, volume 6. Foi deseñada por Jürgen Huber para usar na cuberta do cassette dunha demo da banda alemá German Angst, que eran amigos seus. O termo German Angst naceu en Norteamérica para definir a vacilación do goberno alemán para enviar tropas á guerra do Golfo. Debido á gran duración da guerra, a banda estivo varios anos separada. A familia Angst conta con 3 variantes: Heavy, Condensed e Mix, esta última é unha combinación das duas primeiras.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)