Rematada por Rubén Vidal (Ze Ogrobe) o 25 de abril de 2006, data onde en 1974 estalou en Portugal a Revolución dos Cravos. A sinal esperada para poñer en marcha aquela revolución consistía en esperar a que soase na radio a canción Grândola Vila Morena, de José Alfonso, e de aí se sacou o nome da tipografía. Está inspirada nas letras de Sargadelos (empresa dedicada á artesanía galega, en especial á cerámica), nun anuncio que aparecía na revista A Nosa Terra, aínda que con bastantes diferencias. Trátase dunha tipografía de exhibición que se pode descargar gratuitamente.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)