Creada en 1993 pola deseñadora Jill Pichotta para a fundición Font Bureau, esta tipografía transmite o ritmo e as formas do Hip Hop. Está formada por dúas variantes: Demi e Inline, esta última cunha gran diversidade nos grosores das liñas proporcionándolle máis dinamismo e volume que cun borde homoxéneo. Trátase dunha orixinal tipografía de exhibición, moi apropiada para deseños alegres e desenfadados.