Tipografía que forma parte do proxecto “Tipografías Urbano Populares Chilenas” levado a cabo polos deseñadores José Anibal Soto e Luís Antonio Rojas. Este proxecto pretende rescatar aquelas tipografías creadas de forma manual por pintores letristas e que se atopan en certos sectores sociais, particularmente de estratos socioeconómicos medios e baixos dentro de Chile. Estas letras, que se poden atopar en multitude de carteis, rótulos e anuncios, están creadas cunha gran liberdade do pintor fronte ás regras académicas, empregando a intuición, dando lugar a imperfeccións, erros e irregularidades que enriquecen e ao mesmo tempo unifican a chamada gráfica popular. A Antillanca naceu dun cartel atopado na Estación Central pintado en decembro de 1997 cun plumón biselado e foi rescatada e dixitalizada en marzo de 1998 polos responsables deste proxecto para distribuír gratuitamente.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)