Creada polo deseñador, fotógrafo, ilustrador e artista brasileiro Eduardo Recife en 2001, esta tipografía acadou unha gran popularidade debido á súa aparencia sucia, misturada con elementos de plantilla, moi de moda durante esa época. Por suposto, o ser gratuíta tamén influíu na súa rápida distribución. Aínda que solo dispón de maiúsculas, escribindo as letras en caixa baixa atopámonos cunha versión máis sucia que as de caixa alta. Xunto con outras tipografías similares, tamén creadas durante a mesma época (1998-2004), foi revisada e actualizada polo profesor Brian J. Bonislawsky do Astigmatic One Eye Typographic Institute.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)