Publicada pola fundición Berthold, esta tipografía foi creada en 1987 por Karl Gerstner, nacido en 1930 e un dos artistas suízos máis importantes da súa xeración. Cun estilo suízo simple e directo, nos seus trazos tamén ten cabida unha dose de orixinalidade, posta de manifesto polas formas abertas das letra “P”, “R” ou no número “8”. A mestura de liñas rectas e ríxidas con formas máis onduladas e redondeadas tamén lle proporciona unha gran personalidade resultando unha boa opción como tipografía corporativa.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)