Tipografía creada polo deseñador nacido en Güeldres (Países Baixos) Jos Buivenga. Tardou dous anos en facela (dende 1994 ata 1996) e distribúea de maneira gratuíta tanto para uso personal como comercial. As formas e as contraformas foron coidadosamente creadas para obter unha aparencia homoxénea. A súa grande altura do “x” permite usala en corpos pequenos de texto conservando a súa lexibilidade. Posúe unha amplia familia con versións Bold e Heavy, capitulares e itálicas verdadeiras (non oblicuas). Ademais, as versións de distintos pesos conservan a mesma anchura polo que se integran moi ben dentro do texto.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)