Deseñada por Gary Munch en 2004, foi un encargo de Microsoft para formar parte do novo paquete tipográfico que ven co sistema operativo Windows Vista e a suite Office 2007. Trátase dunha tipografía sen serifa de estilo humanista cun certo toque informal. Os seus trazos teñen un grosor irregular, sendo máis anchos nos extremos e as súas formas abertas e a gran altura do “x” manteñen a lexibilidade baixo unha aparencia amigable e desenfadada sen resultar intrusiva. Foi optimizada para usar baixo ClearType, o sistema de suavizado de texto en pantalla de Microsoft. A pesar de todo, non resulta tan apropiada a tamaños pequenos perdendo moitas das súas características.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)