Esta tipografía deseñada por Jos Buivenga é unha versión sen serifas da Fontin, tamén desenvolvida por el e que conta con pequenas serifas na parte superior e unha aparencia máis caligráfica. A Fontin Sans ten unhas proporcións clásicas que a fai moi cálida, amigable e tremendamente lexible. Ademáis posúe unha familia extensa, con versións en Bold, Italic, Bold Italic e capitulares, ademáis dun completo xogo de ligaduras. Pódese descargar gratuitamente dende a súa web, podéndoa usar tanto para fins personais como comerciais.