Creada por Alejandro Paul en 2004 e publicada polo colectivo arxentino Sudtipos, trátase dunha tipografía de pao seco deseñada tendo en conta os tempos que corren dende un punto de vista político. Cómo definirias a política do século XXI? De dereitas ou esquerdas? Heterosexual ou homosexual? Guerra ou paz? Home ou muller? Xoven ou vello? O mesmo pasa coa tipografía Política, xa que debido ás suas peculiares formas tamén é difil o poder encasillala nun estilo concreto, cos seus trazos rectos e curvos e a súa aparencia robusta e moderna necesaria nas actuais edicións. Ademáis, inclúe os caracteres necesarios para cubrir os idiomas cirílico, grego, báltico, turco e os de Europa central.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)