Etiquetas: Alemaña, FontFont, Móbil, Sms

Curiosa tipografía creada por Erik Spiekermann en 2005 e distribuida pola fundición FontFont de forma gratuita. A súa principal característica é a de ser a tipografía máis económica de Spiekermann utilizando para iso diversas técnicas como a eliminación de algúns caracteres e o uso das versalitas en lugar das maiúsculas, o que fai que se aforre máis dun 50% de papel, pantalla ou calquera outra superficie con respecto a outras tipografías sen versión condensada. En realidade trátase dunha adaptación da Meta, a súa creación estrela na década de 1990, de ahí o seu nome Mt. O resultado recorda á técnica empregada nos mensaxes msm dos móbiles para aforrar en caracteres ainda que nesta ocasión está pensada máis para o inglés ou alemán que para calquera outro idioma. De feito, o goberno alemán utilizouna para a señalización dalgunha das súas estradas e a tipografía contén un gran número de caracteres especiais como flechas, iconos ou ligaduras.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)