En 1908, Morris Fuller Benton deseñou as versións máis lixeiras desta tipografía para a American Type Founders. O deseño orixinal, con dúas modalidades condensadas é basicamente unha versión Light da Franklin Gothic e moi parecida a outras tipografías sen serifas de principios do século XX como a Alternate Gothic. A finais dos anos 40, despois de perder popularidade por culpa do auxe doutros tipos sen serifa provenientes de Europa como a Gill Sans ou a Futura, este estilo reapareceu de novo e foi durante ese tempo cando moitas versións da News Gothic foron deseñadas como a Bold, lanzada por Intertype en 1955. As maiúsculas teñen unha anchura visual moi parecida e as minúsculas son compactas e potentes. Esto provocou que fora moi utilizada para titulares de periódicos, anuncios e etiquetas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)