O prototipo desta tipografía foi deseñada por Herbert Bayer, profesor da famosa escola Bauhaus en Dessau, Alemaña, no ano 1925 na súa labor de crear unha tipografía Universal. O seu deseño responde ás conviccións e estilo propio da escola, buscando a funcionalidade na eliminación de elementos deixando a tipografía na súa aparencia máis elemental. Edward Benguiat xunto con Victor Caruso redebuxaron a tipografía en 1975 para a ITC. O resultado foi unha letra composta de formas xeométricas, moi simple e monótona, reflexando o estilo da época pero que non pasou a proba do tempo perdendo a universalidade e obxectividade que pretendía. Pode ser usada en deseños con reminiscencias dos anos 20 e a época do Art Decó con liñas simples, limpas e contraformas sen cerrar.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)