A primeira mostra desta tipografía apareceu en 1927, lanzada pola fundición alemá Gebr. Klingspor. Deseñada por Rudolf Koch, o seu nome fai honra á posta do primeiro cable telefónico transatlántico. Foi debuxada coidadosamente baixo a influencia das antigas letras romanas talladas na pedra e no movemento da Bauhaus, usando para eso formas puras e claras como círculos, cadrados e triángulos. As súas proporcións intégranse coas características humanistas facéndoa ademais funcional para texto. Tamén posúe elementos do Art Decó, dándolle unha aparencia moi distinta á doutras tipografías xeométricas dos anos 20 como a Futura. Existe unha versión de ITC deseñada por Victor Caruso, coñecida tamén en Estados Unidos como Cable, cunha maior altura do “x”, ascendentes e descendentes máis curtos e un maior peso xeral.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)