Este tipo foi creado por Adrián Frutiger en 1988, durante un período no que sentía a necesidade de deseñar tipografías sen serifas de estilo clásico. Por iso, o seu deseño está baseado na Futura e na Erbar, aparecidas en 1930, e de feito a palabra Avenir significa en francés “Futura”. Aínda así, esta tipografía non é puramente xeométrica, xa que ten trazos verticais máis anchos que os horizontais e a letra “o” non é un circulo perfecto. O resultado é unha letra moi elástica e lexible, cun aspecto harmonioso que dá moi bo resultado tanto en textos coma en títulos. Cada peso está deseñado para unha función específica o que é algo bastante inusual. Por exemplo, os pesos das versións Book e Light son similares, pero a primeira é máis apropiada para bloques de texto mentres que a segunda é mellor para agregar un elemento que cree contraste con outro peso máis groso. En 2004, Adrián Frutiger e o director tipográfico da librería Linotype Akira Kobayashi crearon a Avenir Next, para a Platinum Collection.