Tipografía baseada no logo que Herb Lubalin deseñou para a revista Avant Garde Magazine en 1967, e que sería redeseñada en 1970 polo xenial tipógrafo xunto con Tom Carnase, engadíndolle os caracteres de caixa baixa. Tratase dunha tipografía xeométrica, formada a base de círculos e liñas rectas e que foi inspirada na Futura de Paul Renner e no movemento alemán da Bauhaus dos anos 20. Posúe unha altura do “x” bastante considerable, dándolle unha aparencia sólida, forte e moderna. Lubalin deseñou para este tipo un extenso xogo de ligaduras, moitas delas únicas, que a axudaron a elevarse ata o cumio das tipografías dos anos 70.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)