Etiquetas: Berthold, Dinámica

Tipografía deseñada por Bernd Möllenstädt para a fundición Berthold durante os anos 1980 a 1984. Bernd sucedería a Günter Gerhard Lange como director tipográfico da fundición en 1991. Este tipo sen serifas posúe uns trazos lixeiramente máis anchos nos remates que na zona central. Ten unha gran altura do “x” que unido ás súas proporcións humanísticas fana tremendamente lexible. Unha gran combinación entre a calidez e elegancia das tipografías Old Style coa modernidade e dinamismo das sen serifas.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)