Etiquetas: Racional

Unha das tipografías máis importantes do século XX e o maior logro de Adrián Frutiger que a deseñou para a Fundición Deberny & Peignot para ser usada en fotocomposición e composición en metal. Ao mesmo tempo que apareceu outro tipo clave: a Helvética cunha aparencia moi similar pero con algunhas diferencias notables como por exemplo a primacía da claridade, modernidade e o efecto neutral desta fronte a racionalidade e elegancia da Univers. Entre as súas característica máis importantes, podemos salientar a grande cantidade de pesos e anchos dispoñibles e a aparencia regular e homoxénea das súas composicións. Frutiger creou un sistema de numeración para diferenciar os 21 pesos e anchuras iniciais que co tempo fóronse incrementando. A Univers é unha das tipografías sen serifas máis usadas gracias á súa racionalidade, modernidade e usos case ilimitados.

Ligazóns


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)