A letra Zurich é unha das tantas versións feitas pola fundición Bitstream de tipografías famosas. Neste caso está baseada na Univers de Adrian Frutiger, creada en 1958, polo que o nome Zurich débese a esta orixe suíza. Posúe unha gran variedade de pesos e anchos que a fan moi versátil permitindo unha infinita variedade de combinacións. De todos xeitos, ainda que a Zurich e a Univers son practicamente iguais, esta última posúe unha maior variedade de pesos e grosores.