Etiquetas: Nova York, Pintada

A orixe desta tipografía data de finais dos anos 70, cando Leslie Cabarga recolleu unha gran cantidade de mostras de graffitis nos muros da cidade de Nova York. El quería buscar tendencias comúns neses estilos e unificar as expresións conflictivas que se proxectaban nesas pintadas. Deixou o material recollido apartado durante 10 anos ata que a evolución da tecnoloxía, en concreto Macintosh, permitiulle crear o que el desexaba. Construíu unha tipografía coherente baseándose en todo o traballo realizado con antelación e foi publicada pola fundición Font Bureau en 1993.


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)