A Sezession foi un movemento formado en Viena en 1897 que contaba con membros como Gustav Klimt ou Koloman Moser e que evolucionaría ata formar en 1903 o Wiener Werkstäte (O Taller Vienés) adoptando ideas do Arts & Crafts e do Art Noveau. Esta tipografía deseñada por Paul Shaw está inspirada nas letras desa época. Kolo era o alcume de Koloman Moser, principal referente tipográfico dentro dese grupo. As súas formas responden a unha época máis avanzada dentro deste movemento, cun estilo máis xeométrico, en contraposición ás formas máis floridas e orgánicas creadas ao principio. Aínda que non ten variantes de peso, posúe tres variantes de ancho ademais dunha versión alternativa. Ideal para usar en proxectos con estética do período secesionista.