Deseñada en 1904 por Schriftgiesserei Otto Weisert, esta tipografía de estilo Art Noveau evoca os cafés ao aire libre de principios do século XX. Provista de formas redondeadas e ornamentos florais propios deste estilo, este tipo de alfabetos foron creados para ser usados a tamaños grandes como carteis e rótulos onde a decoración era moito máis importante que a lexibilidade. A Arnold Boecklin foi especialmente importante no movemento Jugendstil e incluso hoxe en día empregase frecuentemente en deseños evocadores desa época.