As tipografías por estilos
As tipografías caligráficas ou manuscritas son aquelas que emulan a escritura manual, xa sexa mediante pinceis, plumas, rotuladores ou calquera outro instrumento de escritura.
Tamén chamadas glíficas ou incisas, son aquelas tipografías evocadoras das gravadas na pedra. Poden ter serifas ou simplemente un pequeno aumento do grosor ao final dos trazos. Debido a estar ciceladas na pedra, non adoitan ter uns paos moi finos.
Chámanselles tipografías con serifas ás que levan remate nos extremos. Teñen a súa orixe na antigüidade, cando se tallaban en bloques de pedra. O tallador, desenvolveu esta técnica para asegurar que os bordes das letras fosen rectos.
Son aquelas tipografías que comparten o estilo propio dunha época ou lugar. Debido á súas formas tan características e a súa personalidade definida e concreta, son apropiadas para dar un carácter histórico ou cultural a un deseño.
A súa aparición remóntase á Idade Media (século XIII) cando os escribas utilizaban a pluma xirada 30º para debuxar as letras. Máis tarde serian tomadas por Gutemberg para facer os primeiros tipos móbiles. Tiveron grande éxito en Europa.
Son tipografías aparecidas no século XX grazas ao gran avance industrial e responden á necesidade do home de comunicarse coas máquinas ou ser mostradas en pantallas pixeladas.
É o resultado da mestura de dúas ou máis tipografías ou estilos distintos polo que non se adaptan a ningunha das demais clasificacións. Por exemplo, mesturas entre tipografías sen serifas con outras que si a teñen.
Tamén chamadas de pau seco, estas tipografías caracterízanse pola ausencia de remates nos extremos. Apareceron en Inglaterra durante a primeira metade do século XIX para uso en impresos comerciais como carteis ou etiquetas
Tipografías creadas non a base de letras senón con gráficos. Non serven polo tanto para escribir textos xa que os seus caracteres conteñen ilustracións, signos ou calquera outro motivo gráfico.