Sen serifas

Tamén chamadas de pao seco, son tipografías sen remates nos trazos. A súa forma simplificada faina máis apropiada para pantaias permitindo a lexibilidade en tamaños pequenos.


Arial

Patricia Saunders, Robin Nicholas 1990

A tipografía Arial foi deseñada polo equipo de Monotype para Microsoft cando este lanzou o formato estándar “True Type” para acompañar ao Windows 3.1. O éxito do sistema operativo fixo que a Arial...


Calibri

Luc(as) de Groot 2005

Deseñada en 2005 polo holandés Luc(as) de Groot, foi un encargo de Microsoft para formar parte dun novo grupo de tipografías acompañando ao seu sistema operativo Windows Vista e a suite Microsoft...


Consolas

Microsoft 2004

Deseñada en 2004 por Microsoft, trátase dunha tipografía monoespazada pensada exclusivamente para programación. Optimizada para a tecnoloxía ClearType que permite unha mellor lectura en pantallas...


Corbel

Jeremy Tankard 1994

Creada en 1994 polo deseñador inglés Jeremy Tankard baixo encargo de Microsoft, forma parte do paquete de tipografías que acompañan ao sistema operativo Windows Vista. Está deseñada exclusivamente...


Fixedsys

Microsoft 1983

Desenvolvida por Microsoft, foi a primeira tipografía que utilizou o sistema operativo Windows. Estaba deseñada en mapa de bits polo que non se podía escalar. O seu nome deriva de “fixed system” xa...


Lucida Console

Kris Holmes, Charles Bigelow 1993

Tipografía deseñada por Charles Bigelow e Kris Holmes en 1993 como ampliación á familia Lucida que crearon en 1985. Esta última foi unha das primeiras familias en ter unha subfamilia con serifas e...


MS Sans Serif

Microsoft 1991

Creada en 1991 por Microsoft, trátase dunha tipografía de mapa de bits que foi utilizada como tipografía por defecto no sistema operativo Windows 3.1, Windows 95, Windows NT 4.0, Windows 98, Windows...


Tahoma

Matthew Carter 1997

Tipografía deseñada durante os anos 1995-1997 por Matthew Carter para Microsoft. Foi pensada para ser usada en interfaces de usuario e noutras situacións que requiran mostrar información en pantaia,...


The Sans Mono

Luc(as) de Groot 1996

Deseñada por Luc de Groot en 1996, esta tipografía está baseada na TheSans, a familia sen serifa que forma parte da macro familia Thesis, creada polo propio de Groot. Foi...


Trebuchet

Vincent Connare 1996

Tipografía creada por Vincent Connare de Microsoft en 1996 para ser utilizada en textos de pantaia. Neste deseño utilizáronse elementos das tipografías sen serifas dos anos 20 e 30. Connare recoñeceu...


Vera Sans

Jim Lyles 2003

Tipografía de licenza libre que forma parte da macrofamilia Vera, formada por Vera Serif, Vera Sans e Vera Sans Mono. Foi deseñada por Jim Lyles para Bitstream e está baseada na Prima, tamén creada...


Vera Sans Mono

Jim Lyles 2003

Tipografía monoespaciada sen serifas que forma parte da macrofamilia Vera, xunto coa Vera Sans e a Vera Serif. Foi deseñada por Jim Lyles para Bitstream e distribuída gratuitamente pola fundación...


Verdana

Matthew Carter 1994

Deseñada en 1994 por Matthew Carter para a compañía Microsoft, esta tipografía está creada especialmente para ser mostrada en pantalla. O hinting (optimización que se fai para que sexa lexible a...


Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.
Páxina web creada por Oscar Otero (oom!)