O movemento tipográfico dadaísta iniciouse en Europa en 1916. O seu lema era "O mundo e a imaxe son unha soa cousa". Esta vangarda caracterízase polo colaxe e a combinación provocativa e deliberadamente ilóxica de diferentes tipografías.
Richard Kegler 1995-1998
O movemento dadaísta, inicialmente literario e antibélico, ao aparecer en Zúrich a mediados da I Guerra Mundial, tamén tivo un gran interés dende o punto de vista tipográfico. Nas poesías de Hugo Ball...